21
Mai

Participación da Axencia GAIN en Navalia 2014

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

A Consellería de Economía e Industria, representada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE, estará presente en Navalia. No stand da Consellería (F15), GAIN ofrecerá información, orientación e asesoramento, así como reunións bilaterais cos posibles interesados para asesorar sobre as posibilidades de financiamento en programas internacionais de I+D+i, as ferramentas de apoio de GAIN á participación nestas convocatorias así como outros servizos da Axencia a empresas.

Ademais, GAIN realizará unha serie de xornadas técnicas na Aula Auxnavalia+ do Stand da Consellería durante os tres días do evento, que se detallan a continuación:

Martes, 20 de maio
  • 10:30-11:30h: Presentación das liñas de axudas do CDTI para o sector naval.
  • 11:30-12:30h: Presentación de liñas de axudas e servizos a empresas da Axencia Galega de Innovación: OPIDI, Enterprise Europe Network, Bonos de Innovación).

Mércores, 21 de maio
  • 10:00-11:45h : Info day sobre Horizon 2020: Oportunidades de participación do sector naval. Para participar nesta xornada é necesario rexistrarse a través do seguinte formulario online.
  • 12:00-12:30h: Presentación da ferramenta para a avaliación da eficiencia enerxética en embarcacións (desenvolvida no marco do proxecto europeo Refresh)
  • 12:30-14:00h: Mesa redonda “Oportunidades de innovación derivadas das novas normativas ambientais e de seguridade”. Participantes: SASEMAR (Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima) e Lloyd ´s Register.

Xoves, 22 de maio:
  • 11:00 a 13:00 h: Sesión de Brokerage de apoio á participación de PEMEs do sector naval nas convocatorias de Horizon 2020 (o brokerage dará ás empresas do sector naval a oportunidade de establecer contactos e de participar en proxectos das próximas convocatorias do Programa H2020) e Presentación da guía de posibilidades de financiamento da I+D+I para o sector marítimo en Horizon 2020.

Para poder asistir a calquera destas presentacións, debes estar inscrito/a como visitante á feira.

Auxnavalia+ é un proxecto europeo liderado por GAIN e cofinanciado pola Comisión Europea a través do programa Espazo Atlántico.