14
Mai

Xornada Opportunities in Canada´s Composite Materials Sector

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Embaixada de Canadá organizan o vindeiro día 14 de maio, no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), unha Xornada orientada a facilitar a identificación de oportunidades de cooperación internacional na área dos materiais compostos (composites).

O sector canadense de composites é un sector maduro que alberga aproximadamente 300 empresas e 50.000 empregados. Este sector estase a posicionar como exportador e líder en moitos mercados internacionais, grazas ao seu potencial comercial e de innovación, contando con fortes clústeres como son o aeronáutico e o da automoción, sen esquecer o de enerxía eólica de máis recente crecemento. Particularmente, é no sector aeronáutico onde Canadá ten unha gran variedade de capacidades e aplicacións para composites que inclúen: aeroestruturas, motores de turbina de gas e sistemas mecánicos, como trens de aterraxe. A industria aeronáutica canadense é principalmente civil, aínda que ten tamén importantes aplicacións militares.

Ademais, o notable liderado de Canadá en innovación de composites xorde como resultado do importante apoio de centros de nova xeración enfocados nesta área, resaltando o Composites Innovation Centre – Manitoba Inc (CIC), unha organización sen ánimo de lucro de carácter público-privado, laboratorios con equipos de vangarda e unha rede de 23 universidades especializadas en investigación en composites.

Ante este escenario de oportunidade de negocio, esta xornada permitirá profundizar nas oportunidades de colaboración que ofrece o sector de composites canadense, os programas hispano-canadenses de colaboración en I+D existentes e exemplos de éxito de empresas neste sector.

Se precisa máis información, pode chamar ao teléfono: 981 541 086

Programa completo das xornadas e formularios de inscrición dispoñibles nesta ligazón