13
Mai

Xornadas informativas Horizon 2020

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organizan un ciclo de oito xornadas de presentación das oportunidades de financiamento que ofrece o Horizon 2020, o programa da Unión Europa dirixido a financiar a I+D+I no periodo 2014-2020 que conta cunha dotación orzamentaria de preto de 80.000 millóns de euros.

As xornadas están dirixidas a todos os axentes de innovación galegos, especialmente ás PEMEs. O seu obxectivo é explicar as principais claves para concorrer con éxito a estes fondos e os apoios cos que contan por parte da administración galega para a elaboración das propostas.

As xornadas terán un carácter eminentemente práctico, podendo manter os asistentes que o soliciten unha xuntanza bilateral tanto con representantes de CDTI como da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para valorar unha posible proposta de proxecto e aclarar dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en proxectos europeos de I+D+i, respectivamente.

Precísase inscrición.

Programa completo das xornadas e formularios de inscrición dispoñibles nesta ligazón