Plans estatais e europeos

Axenda 2030

  • A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable foi asinada en 2015 polos xefes de Estado e de Goberno dos países membros de Nacións Unidas. Representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo o lema de “non deixar a ninguén atrás”.
  • A Axenda pretende avanzar cara sociedades cun crecemento económico inclusivo e maior cohesión e xustiza social, en paz e cun horizonte ambiental sustentable. Explica como debe procederse en 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS), que cobren todas as políticas públicas domésticas, a acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento.

Horizonte Europa: Programa Marco de Investigación e Innovación

  • Horizonte Europa é o programa marco de investigación e innovación (I+I) da Unión Europea (UE) para o período 2021 -2027. Dotado cun orzamento de preto de 95.517 millóns de euros, será o instrumento fundamental para levar a cabo as políticas de I+D+i da UE.
  • O obxectivo xeral do programa é alcanzar un impacto científico, tecnolóxico, económico e social dos investimentos da UE en I+I, fortalecendo deste xeito as súas bases científicas e tecnolóxicas e fomentando a competitividade de todos os Estados Membros ( EEMM).

Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación 2021-2027

Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (PEICTI)

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR)