Destinatarios
- Poderán presentar candidaturas todos os concellos e entidades locais de España que desenvolveran unha iniciativa ou proxecto que poida considerarse un caso de éxito en materia de innovación local.
Categorías
- Concellos de ata 10.000 habitante
- Concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes
- Concellos de máis de 50.000 habitantes
Cada entidade poderá presentar unha ou varias candidaturas, sempre que correspondan a proxectos diferentes.
Presentación de candidaturas
- As entidades que queiran presentarse a este premio deberán cubrir unha solicitude, que inclúe datos xerais de identificación e uns campos descritivos do proxecto.
- Deberán enviar esta solicitude cuberta ao correo innovacionlocal.gain@xunta.gal
Prazo de presentación de candidaturas
- Ata o 5 de outubro ás 23:59h (hora peninsular)
Bases do premio e formulario de candidatura