Programa: Convocatoria Vinnovate Galicia 2026
Data de publicación no DOG: 17/09/2026
Código do procedemento: IN848G
A Axencia Galega de Innovación forma parte da rede europea Vanguard Initiative composta por 33 rexións e que ten por obxectivo común estimular a I+D relacionada coas cadeas de valor de maior interese para estas rexións aliñadas coas súas respectivas RIS3.
Para desenvolver este obxectivo a Vanguard Initiative puxo en marcha en 2024 o mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, un instrumento conxunto de financiamento que facilita a creación de consorcios entre os axentes dos ecosistemas das rexións europeas participantes para impulsar proxectos estratéxicos interrexionais.
Que rexións europeas participan nesta iniciativa?
Obxectivo
Potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do sistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D.
Quen pode solicitar estas axudas?
Organismos de investigación e empresas (grandes, medianas e pequenas).
Modalidade dos proxectos
Os proxectos deberán desenvolverse en cooperación entre os axentes galegos e ademais realizarse en cooperación con, polo menos, outro axente dalgunha das rexións membro da Vanguard Initiative.
A agrupación galega deberá estar integrada por un mínimo de dúas e un máximo de catro entidades En todos os casos é imprescindible que alomenos unha destas entidades sexa unha peme.
Documentación e ligazóns
Máis información