Recuperación Excelencia Neotec 2026

Programa: Recuperación Excelencia Neotec 2026
Obxectivo: Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do Programa Neotec do CDTI na súa convocatoria do ano 2025.
Data prevista de publicación DOG: 30/07/2025
Código do procedemento: IN870A
Prazo previsto de presentación de solicitudes: dende o 7 de agosto ás 9:00 h ata o 30 de setembro ás 23:59 h.
Presentación de solicitudes: Sede electrónica da Xunta de Galicia
Organismo xestor: Axencia Galega de Innovación

Que é o Programa Recuperación Excelencia Neotec 2026?

As axudas financian a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía, rescatando para iso aqueles proxectos presentados á convocatoria de referencia (Programa Neotec) que obtiveron o Selo Neotec na devandita convocatoria do ano 2025 pero que non adquiriron a condición de beneficiarios por insuficiencia de crédito.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Orzamento financiable mínimo: 175.000,00 €
  • Orzamento financiable máximo: 750.000,00 €
  • Orzamento total: 2.625.000,00 € (1.000.000,00 € para proxectos NON STEP e 1.625.000,00 € para proxectos STEP)

Intensidade da axuda

Tipoloxía de proxecto Contratación de doutores
NON SI
Subvención máxima 250.000€ Subvención máxima 325.000€
Proxectos NON STEP 60%
Proxectos STEP 70% 85%


Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

Pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda á convocatoria de referencia e obtendo o Selo Neotec conforme ao artigo 14 da convocatoria de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria conforme á Resolución definitiva da Presidencia do CDTI da convocatoria do programa NEOTEC do ano 2025.

Requisitos adicionais:

  • Ter sede social ou centro de traballo permanente en Galicia na data de presentación da solicitude á convocatoria de referencia.
  • Cumprir coa definición de pequena empresa.
  • Non estar cotizadas nin se engadan nunha bolsa de valores, agás as plataformas de negociación alternativa.
  • Estar constituídas como máximo no cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, a contar desde a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.
  • Non ter distribuído beneficios.
  • Non terse feito cargo da actividade doutra empresa, a non ser que o volume de negocios da actividade adquirida supoña menos do 10 por cento do volume de negocios da empresa subvencionable no exercicio financeiro previo á absorción.
  • Non ter adquirido outra empresa ou terse formado mediante concentración de empresas, agás excepcións taxadas contempladas nas bases.
  • Contar cun capital social mínimo, o capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 881 999 162 e 881 999 121