B2B Conxemar 2026

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), como membros da Enterprise Europe Network (EEN), organizan un evento de reunións B2B virtuais no marco da feira Conxemar 2026, un dos encontros internacionais máis relevantes do sector dos produtos do mar conxelados, que se celebrará do 6 ao 8 de outubro de 2026 en Vigo.

Para reforzar o impacto do evento dende o seu lanzamento, esta edición busca identificar dende o inicio dous perfís estratéxicos de empresas participantes.

Perfís buscados:

  • Empresas con perfil de comprador interesadas en identificar novos produtos, provedores ou solucións dentro do sector dos produtos do mar conxelados e da súa industria auxiliar
  • Empresas con necesidades ou retos tecnolóxicos que buscan solucións innovadoras ou tecnoloxías específicas para mellorar os seus procesos, produtos ou servizos

Se a túa empresa encaixa con algún destes perfís, trasládanos as túas necesidades a través deste formulario e a EEN porase en marcha para promover a busca de empresas ou institucións que che poidan ofrecer as solucións axeitadas.

  • Formulario
  • O prazo de presentación de necesidades remata o vindeiro 30 de maio de 2026.