Convocatoria Proxectos individuais I+D empresarial 2026
Axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento, cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.
Obxecto
Estas axudas están orientadas a apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das pequenas e medianas empresas galegas, que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.
Beneficiarios
Pequenas e medianas empresas (PEMES) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda
| Categoría predominante do proxecto | Non STEP – Pequena Empresa | Non STEP – Mediana Empresa | STEP – Pequena Empresa | STEP – Mediana Empresa |
|---|---|---|---|---|
| Investigación industrial | 60% | 60% | 75% | 65% |
| Desenvolvemento experimental | 50% | 40% | 50% | 40% |
Orzamento global: 3.000.000 €.
Orzamento total STEP: 2.400.000 €
Orzamento total non STEP: 600.000 €
Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas desta convocatoria poderán ser solicitadas por pequenas e medianas empresas (PEMES) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia. Deste xeito, a entidade beneficiaria deberá contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia onde realice as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.
Custos elexibles
Documentación e ligazóns
Máis información
