Estratexia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030

A Estratexia da Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030 constitúe a nova folla de ruta da Xunta de Galicia para impulsar o sector biotecnolóxico galego cara a unha nova fase de excelencia científica, competitividade empresarial, escalado industrial e proxección internacional.

A estratexia dará continuidade ás dúas etapas anteriores de planificación sectorial: a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 e a Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia 2021-2025. O novo ciclo parte dun ecosistema xa consolidado, cunha robusta base científica, tecnolóxica e empresarial.

Neste contexto, o novo marco estratéxico ten como misión posicionar a Galicia como unha biorrexión de referencia en Europa en biotecnoloxía, impulsando o escalado empresarial, a atracción de investimento e talento de primeiro nivel, e a xeración de impacto global a partir das fortalezas científicas, tecnolóxicas e industriais xa consolidadas.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No enderezo electrónico: servizos.gain@xunta.gal