Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 27/01/2026
Código do procedemento: IN606A
Prazo de presentación de solicitudes: do 28/01/2026 ao 27/02/2026
A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.
Como novidade nesta convocatoria auméntase a dotación orzamentaria, incorporando un premio pola lectura da tese e realízase un lixeiro axuste das puntuacións nos criterios da baremación. Por outra banda, elimínase a obriga de permanecer un mínimo de tres meses no programa para que os contratos sexan financiables e realízase unha simplificación administrativa e de documentación requirida.
Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
O importe máximo de cada axuda é de:
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 € (Complemento estadías), en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte desagregación:
Un complemento de 1.300 € anuais para as entidades beneficiarias por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación, á matrícula no programa de doutoramento e para o seguro durante o período de estadía (Complemento).
Se as persoas contratadas depositan a súa tese de doutoramento na universidade onde estean matriculadas, para a súa lectura e aprobación, dentro do período de duración do contrato predoutoral, estas axudas recibirán no último ano deste un premio de 1.000 euros, que non terá a consideración de salario.
Para cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido para o contrato, incluirase unha axuda total de 3.500 euros
Para solicitudes dos organismos alleos ao SUG (organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia):
Para solicitudes presentadas por universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia: