VInnovate Galicia 2025

Programa: Convocatoria VInnovate Galicia 2025
Data de publicación no DOG: 12/09/2025
Código do procedemento: IN848G

A Axencia Galega de Innovación forma parte da rede europea Vanguard Initiative composta por 33 rexións e que ten por obxectivo común estimular a I+D relacionada coas cadeas de valor de maior interese para estas rexións aliñadas coas súas respectivas RIS3.

Para desenvolver este obxectivo a Vanguard Initiative puxo en marcha en 2024 o mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, un instrumento conxunto de financiamento que facilita a creación de consorcios entre os axentes dos ecosistemas das rexións europeas participantes para impulsar proxectos estratéxicos interrexionais.

Que rexións europeas participan nesta iniciativa?

  • Leste dos Países Baixos – provincias de Gelderland e Overijssel (Países Baixos).
  • Sur dos Países Baixos (Países Baixos)
  • Lombardía (Italia)
  • Emilia Romaña (Italia)
  • Gales (Reino Unido)
  • Galicia (España)
  • País Vasco ( España)
  • Baixa Austria (Austria)
  • Baixa Saxonia (Alemaña)
  • Norte de Portugal (Portugal)
  • Nordeste de Romanía (Romanía)

Obxectivo

Potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do ecosistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D.

Quen pode solicitar estas axudas?

Organismos de investigación e empresas (grandes, medianas e pequenas).

Modalidade dos proxectos

En cooperación. Unha delas ten que ser unha peme.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 95 73 03 e 981 95 70 11