Nexos 2025

Programa: Convocatoria de Nexos 2025. Axudas para a realización de proxectos colaborativos de I+D+i entre empresas en ámbitos estratéxicos para Galicia.
Data de publicación no DOG: 12/08/2025
Corrección de erros: 14/08/2025
Código do procedemento: IN852A.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG ata o 22 de setembro de 2025.

Cal é o obxecto desta axuda?

Fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos empresariais de Investigación, Desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades definidas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.

Quen pode solicitar esta axuda?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas e como máximo por seis, e contarán con, alomenos, dúas empresas independentes entre sí. Na agrupación poderá participar só unha grande empresa.

Documentación e ligazóns

Documentación para a solicitude de redistribución de anualidades e para a solicitude de pagamentos anticipados

Poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, modificando cada anualidade cun límite do 40 % do custo total concedido por beneficiario, variando proporcionalmente calquera das anualidades orzadas e que non estean xustificadas. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades finaliza tres meses antes do remate do período de execución da primeira anualidade afectada (art. 30.4).

Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes (art. 36):

  • Anualidade 2026: ata o 100% da subvención concedida desta anualidade.
  • Anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.

No caso de solicitaren ambos, redistribución de anualidades e pagamento anticipado, a solicitude de redistribución de anualidades DEBERÁ SER ANTERIOR á solicitude do anticipo, para os efectos de establecer o importe que se pode anticipar. En caso contrario, unha vez efectuado o pagamento anticipado da anualidade correspondente, non se poderá redistribuír as anualidades.

Documentación para a xustificación da anualidade 2026

Obrigas de información e comunicación

Indicadores de comunicación

A maiores da documentación xustificativa de cada anualidade, con carácter semestral solicitarase aos beneficiarios os indicadores de publicacións en redes sociais, actuacións en medios de comunicación e celebración de eventos:

Máis información

  • No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 54 39 93, 981 95 73 03 e 881 99 91 59