Programa: Recuperación Excelencia Neotec 2025.
Obxectivo: Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras NEOTEC do CDTI nas súas convocatorias dos anos 2023 e 2024.
Data de publicación DOG: 14/08/2025
Código do procedemento: IN870A
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 22 de agosto ás 9:00 h ata o 22 de setembro ás 23:59 h.
	Que é o Programa Recuperación Excelencia Neotec 2025?
	As axudas financian a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía,  rescatando para iso aqueles proxectos presentados ás convocatorias de referencia (Programa Neotec 2023 e 2024) que superaron os limiares mínimos recollidos nas devanditas convocatorias pero que non adquiriron a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito.
	Tipo e intensidade da axuda
	
		- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva
- Tipo de axuda: subvención
- Orzamento mínimo: 175.000€
Intensidade da axuda
	
		- 60% do orzamento elixible da actuación, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.
- 60% do orzamento da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario cando as actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor.
Orzamento total: 3.000.000€.
	Quen pode solicitar estas axudas?
	As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
	
		- Terán a consideración de beneficiarios as pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda ás convocatorias de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria conforme á Resolución definitiva da Presidencia do CDTI das convocatorias do programa NEOTEC dos anos 2023 e 2024.
- Empresas innovadoras conforme ao artigo 2 e 3 das convocatorias de referencia.
- Dando cumprimento aos requisitos de elixibilidade e superado os limiares mínimos do artigo 11.4 da convocatoria de referencia, non alcanzaron a puntuación requirida para ser financiables.
- Estar constituídas como máximo no cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, a contar desde a data da escritura de constitución da empresa.
- Contar cun capital social mínimo, o capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.
- Localización do centro de traballo:
	
		- Ter sede social e centro de traballo principal en Galicia na data de presentación da solicitude á convocatoria de referencia.
 
Documentación e ligazóns
	
	Máis información
	
		- No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
- Nos teléfonos 881 999 162 e 881 999 121
