Programa: Doutoramentos industriais 2025
Data de publicación DOG: 18 de xullo de 2025
Código do procedemento: IN606D
Prazo de presentación de solicitudes: un mes dende o día seguinte á data de publicación en DOG
NOTA: recoméndase xestionar os Anexos IV, VI e VII coas universidades coa maior antelación posible
Beneficiarios: empresas e centros de innovación e tecnoloxía con centro de traballo en Galicia en colaboración con universidades do SUG
Que é o programa Doutoramentos industriais?
O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 4 anos.
Tipo e intensidade da axuda
Documentación e enlaces
Documentación para a xustificación das axudas [1ª xustificación – 10 días naturais a partir do día seguinte á sinatura do contrato]
Documentación para a xustificación das axudas [2ª xustificación ata o 30 de abril de 2026]
Máis información