Finalidade do premio
 
	
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.
  
	
  Persoas beneficiarias
  
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a) e 4.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
	
		- 4.a) Administración Xeral da Comunidade Autónoma
- 4.c) Entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (a) Entidades públicas instrumentais: Organismos autónomos; Axencias públicas autonómicas; Consorcios autonómicos.
 
	
  Categorías
 
O Premio consta de tres categorías:
		
		- Identificación de oportunidades: premiarase a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar e definir unha problemática que estea a afrontar a Administración autonómica galega no exercicio das súas competencias, así como as razóns que motivan a necesidade de interese que tería a resolución da mesma.
- Proxecto coa temática máis innovadora: premiaranse proxectos innovadores xa realizados ou en curso. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar o proceso do proxecto, expoñer os puntos considerados fundamentais e xustificar as características que outorgan carácter innovador ao seu proxecto. Premiaranse aqueles proxectos coa temática máis vangardista e innovadora.
- Simplificación administrativa (nova categoría): premiarase os proxectos con novas propostas de simplificación administrativa, tanto nas relacións da cidadanía coa Administración pública da Xunta de Galicia como na xestión administrativa interna. O persoal interesado en participar nesta categoría deberá detallar a súa proposta e a súa incidencia en aspectos regulatorios, organizativos ou tecnolóxicos, identificando as áreas de actuación e o seu alcance.
 
	
  Premios
  
As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros de se tratar dunha solicitude individual. Se a solicitude é dun equipo, o importe do premio en metálico será de 3.000 euros para o conxunto do equipo.
	Ser beneficiario/a do premio de empregados/as públicos/as innovadores/as convocado pola Axencia Galega de innovación constituirá un criterio de avaliación dos graos I e II da carreira administrativa da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
	
  Presentación de candidaturas
  
A presentación de candidaturas farase a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
 
	
  Comité de avaliación
  
Por Resolución do 4 de outubro de 2024 (DOG núm. 199, do 15 de outubro de 2024) publicouse a convocatoria da VI Edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as.
	No artigo 11 das bases reguladoras establécense os perfís os membros do Comité de Avaliación.
	
		- Unha persoa da Axencia Galega de Innovación.
- Unha persoa da Xunta de Galicia comprometida coa innovación na Administración pública.
- Unha persoa externa á Xunta de Galicia vinculada coa promoción da innovación.
 
	Seguindo ese artigo, noméase o seguinte comité de avaliación:
	
		- Dolores López Beiro, técnico da Axencia Galega de Innovación.
- Antonio de Arcos Rey, Enxeñeiro Técnico de Augas de Galicia.
- Sandra Sinde Cantorna, experta en innovación nas políticas públicas.
  Ligazóns
  
	
 
	
  Prazo
  
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de novembro.