Re-acciona – servizos de innovación

Programa: Re-acciona – servizos de innovación
Data de publicación DOG: 15/01/2024
Prazo de presentación de solicitudes: 01/04/2024 – 15/11/2024

Que é o Programa Re-acciona?

Re-acciona é un programa do Igape que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas.

O programa dispón dun total de 13 servizos, sendo 3 destes destinados a mellorar a capacidade de innovación das pemes, os cales se desenvolven coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain):

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación.

Tipo e intensidade da axuda

Os servizos son prestados por consultoras seleccionadas polo Igape e Gain, a adicación a cada servizo, así coma o prezo están establecidos na convocatoria.

A axuda está suxeita ao réxime de minimis e alcanza o 80% de subvención (60% Fondo FEDER).

Quen pode solicitar estas axudas?

Persoas autónomas e pequenas e medianas empresas, en calquera caso deberán contar, como mínimo, con 3 traballadores no ano 2023.

A solicitude da axuda a tramita a consultora en nome da peme, por iso deberá poñerse en contacto con calquera das indicadas para cada servizo. Do mesmo xeito, a tramitación destas axudas é a través da web do Igape, máis información en: https://www.igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/reacciona

En que consisten os servizos de Re-acciona innovación?

A continuación, detállanse as modalidades e alcance dos tres servizos de innovación:

1. Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

  • O obxectivo deste servizo é promover a implantación de metodoloxías de deseño para a súa xestión estratéxica, deseño para a innovación, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
  • O servizo completo consta de:
    • Nº aproximado de horas: 85 horas
    • Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
    • Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
  • Pode descargar a presentación da entidade colaboradora deste servizo:
    • Innplica | Tel: 744 471 461 | Email: info@innplica.com

2. Protección da innovación

  • O obxectivo deste servizo é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais), así como topografías de semicondutores. Así mesmo, admitirase o rexistro de signos distintivos (marcas e nomes comerciais) no caso de non existir inventiva suficiente para a protección da innovación antes mencionada.
  • O servizo debe basearse nunha análise previa de antecedentes (estudo do estado da arte) para coñecer as posibilidades de rexistrabilidade e para deseñar a estratexia de protección dirixida á obtención dos títulos de propiedade industrial adecuados para mellorar a competitividade e explotación dos resultados da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Do mesmo xeito, analizarase a idoneidade de protección polas vías do segredo industrial como mecanismo complementario ou alternativo á protección industrial.
  • O servizo parcial consta de:
    • Nº aproximado de horas: 60 horas
    • Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
    • Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
  • O servizo completo consta de:
    • Nº aproximado de horas: 85 horas
    • Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
    • Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
  • A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo: Álvarez Real e Silex:
    • Álvarez Real | Tel: 982 280 258 | Email: lugo@alvarezreal.com
    • Silex | Tel: 881 255 379 | Email: galicia@silexip.com

3. Asesoramento para o financiamento da innovación

  • Este servizo debe basearse nunha análise previa do desempeño innovador da peme beneficiaria, para posteriormente establecer unha estratexia dirixida á obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.
  • Será fundamental definir un informe de innovación no cal se reflictan tanto os obxectivos definidos, as actuacións en innovación que poden impulsar a competitividade da empresa, a súa priorización e posible planificación, como os recursos económicos e persoal preciso para a súa posta en marcha.
  • En canto aos procesos puramente operativos, a empresa debe establecer directrices claras para unha eficaz xestión de ideas, formación en I+D+i, busca de persoal de I+D+i, detección de necesidades para definir formación específica en innovación, busca de financiamento e investimento privado. Isto posteriormente transformarase en desenvolvemento de proxectos que conduzan a resultados que acheguen valor comercial e competitivo á empresa.
  • O servizo parcial consta de:
    • Nº aproximado de horas: 60 horas
    • Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
    • Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
  • O servizo completo consta de:
    • Nº aproximado de horas: 100 horas
    • Importe do servizo (sen IVE): 6.300 €
    • Custo para a empresa (sen IVE): 1.260 €
  • A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo: Eurofunding e Innplica:
    • Euro Funding | Tel: 981 14 25 85 | Email: info@euro-funding.com
    • Innplica | Tel: 744 471 461 | Email: info@innplica.com