Pílulas formativas

O Programa de Impulso á Innovación nas pemes, no marco do seu eixo 3: “difusión e capacitación”, achega a todas as empresas galegas un curso en liña de iniciación á innovación en formato de pílulas formativas.

Pensado para aquelas empresas que queren innovar e as persoas involucradas en impulsala, o programa consta de 18 vídeos secuenciais de curta duración (10-12 minutos aprox.) estruturados en tres bloques temáticos:

A través do seu seguimento, calquera persoa poderá introducirse nos principios da innovación práctica e no coñecemento dalgunhas das metodoloxías e ferramentas máis útiles para empezar a incorporar a innovación nos procesos internos da empresa.