Programa Investigo

Programa: Programa Investigo
Data de publicación DOG: 06/02/2024
Código do procedemento: TR349V
Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2024 – 06/03/2024

Anunciamos a continuación un programa xestionado pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinado á contratación de persoal de I+D+i: “Programa Investigo”.

Obxecto

Será obxecto das axudas a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de empresas que estean a investir en investigación e innovación na realización das iniciativas de investigación e innovación.

Quen pode ser beneficiario destas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Empresas galegas e/ou con centro de traballo en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación..

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido baixo o réxime de minimis.
  • Orzamento total:: 4.817.400,00 €

A concesión das subvencións, así como a súa xustificación, realizarase a través do réxime de módulos. Para implementar o devandito réxime de módulos establécense os seguintes módulos, configurados considerando o custo unitario validado pola Intervención Xeral do Estado para este programa por persoa contratada participante no Programa Investigo:

  • Duración dos contratos: mínima de 12 meses.
  • Modulo A: contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 9 a 5, ambos incluídos, o módulo ascenderá a 22.405,92 euros por persoa contratada e ano de contratación (1.867,16 euros por mes).
  • Módulo B: no caso de contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 4 a 1, ambos incluídos, ascenderá a 33.108,84 euros por persoa contratada e ano de contratación (2.759,07 euros por mes).

De acordo con isto, o importe desta subvención calcularase en función das previsións recollidas no proxecto: número de persoas que se van contratar, o ano (ou meses, de ser o caso) de contratación de cada unha delas e o módulo segundo o grupo de cotización da Seguridade Social que corresponda, de acordo co sinalado anteriormente.

Documentación e ligazóns

Máis información

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Por Conta Allea

San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957731 / 981544690 / 981544719
Email: contaallea.emprego@xunta.gal