Sinerxías e complementariedades cos programas europeos de I+D+i: bonos e selos de excelencia

Programa: Sinerxías e complementariedades cos programas europeos de I+D+i: bonos e selos de excelencia
Data de publicación DOG: 13/02/2024
Código do procedemento: IN851B / IN607H
Prazo de presentación de solicitudes: desde o día seguinte á publicación no DOG ata o 15 de novembro

Obxecto e finalidade

Axudas para impulsar a participación de entidades galegas no programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través da concesión de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i.

Características e requisitos dos bonos

Os bonos deberán solicitarse para a preparación de propostas que se vaian presentar antes do 30 de novembro de 2024 a convocatorias europeas de I+D+i do programa Horizonte Europa ou doutros programas ou iniciativas europeas. Estes bonos están compostos por unha axuda inicial para a preparación de candidaturas a convocatorias europeas de I+D+i e, no caso de que a candidatura acade unha avaliación na que se superen os seus limiares e non obteña financiamento, opcionalmente poderá obtar a un premio / incentivo a propostas excelentes.

Que actuacións se subvencionan?

Preparación de proxectos que se vaian presentar antes do 30 de novembro do 2024 ao Programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i, a través da contratación dos servizos de consultoras.

Intensidade das axudas

As axudas concederanse en forma de subvención como unha porcentaxe do importe da factura da consultora.
Procederase ao pagamento da axuda cando se revise e valide a factura. Realizarase un segundo pagamento cando se achegue o ESR no caso de cumplir as condicións para optar o premio / incentivo.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No correo electrónico programas.gain@xunta.gal