Programa: Convocatoria de misións
Data de publicación DOG: 14/02/2024
Código do procedemento: IN856C
Prazo de presentación de solicitudes: 90 días naturais a partir da súa publicación no DOG (14 de maio)
Axudas destinadas a apoiar as Misións de Especialización Intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027. As misións son un elemento novidoso da RIS3 2021-2027, que foron definidas a través dun proceso participativo cos axentes do ecosistema galego de innovación. O seu obxectivo é promover a realización de proxectos de I+D e innovación e investimento produtivo de carácter estratéxico para contribuír ás Misións de Especialización Intelixente.
Fixan metas cuantificables e alcanzables que contribúan de forma concreta a dar resposta aos retos establecidos no marco da RIS3. A convocatoria busca mobilizar e aliñar capacidades empresariais, de coñecemento e tecnolóxicas de diferentes ámbitos e sectores, para desenvolver proxectos con capacidade de impacto real a nivel produtivo e social.
Cooperación a través de consorcios.
A maiores da documentación xustificativa de cada anualidade, con carácter semestral solicitarase aos beneficiarios os indicadores de publicacións en redes sociais, actuacións en medios de comunicación e celebración de eventos:
Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións sen superar en ningún caso o importe correspondente a cada exercicio orzamentario (art. 38).
Poderanse solicitar pagamentos anticipados segundo as seguintes porcentaxes:
En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80% da subvención total concedida.
A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90% da subvención total concedida.
Consonte o artigo 31.7 da convocatoria, as entidades que resulten beneficiarias, deberán achegar no prazo de 3 meses, contados dende o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada por ENAC.
Consonte o artigo 16.2 da convocatoria, o informe debe estar referido a todo o proxecto, incluíndo tanto a parte executada directamente polos beneficiarios como a parte subcontratada.
Se non se presenta no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.
De xeito excepcional, as entidades beneficiarias poderán presentar unha prórroga, por causas debidamente xustificadas, de ata un mes.