DeseñaPeme e InnovaPeme 2024

Programa: DeseñaPeme e InnovaPeme 2024
Data de publicación DOG: 13/02/2024
Código do procedemento: IN848E / IN848D
Prazo de presentación de solicitudes: 14/02/2024 – 13/03/2024

Que é o Programa InnovaPeme?

Axudas dirixidas ás Pemes para o financiamento dás actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, mediante as siguientes liñas:

  • Liña 1. DESEÑAPEME: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, con código de procedemento IN848E
  • Liña 2. INNOVAPEME: Plans de innovación en procesos e organización, con código de procedemento IN848D

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención a fondo perdido
  • Incentivo: 50% dos custos de implantación do plan (Axudas entre 25.000€ e 75.000€)
  • Orzamento total: 4.500.000 € (DeseñaPeme: 1,5M€ e InnovaPeme: 3M€)

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas (incluídas as persoas autónomas), pequenas e medianas empresas, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  • Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica que acredite categoría de peme e sen ánimo de lucro
  • Con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda

Documentación e ligazóns

Máis información

Para a Liña 1 DeseñaPeme – Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade

  • No correo electrónico: programadeseno.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos: 981 337 133 / 981 957 000

Para a Liña 2 InnovaPeme – Plans de innovación en procesos e organización:

  • No correo electrónico: servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos: 981 957 008 / 981 957 017 / 881 999 121