Finalidade do premio
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.
Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral , incluído no artigo 4.a) e 4.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Categorías
O Premio consta de dúas categorías:
Premios
As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros se se trata dunha solicitude individual. Se a solicitude e dun equipo, o importe do premio en metálico será de 3.000 euros para o conxunto do equipo.
Presentación de candidaturas
A presentación de candidaturas farase a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Prazo