Axudas de apoio á etapa predoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 18/08/2023
Código do procedemento: IN606A
Prazo de presentación de solicitudes: do día 19/08/2023 ata o 18/09/2023

Cal é o obxecto destas axudas?

A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Novidades desta convocatoria

  • As persoas candidatas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
    • Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2022/23. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.
    • Acreditar que no momento da presentación da solicitude está en posesión do título de mestrado.
  • Indemnizacións por fin de contrato: de acordo coa modificación da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, inclúese unha axuda que permite cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido do contrato laboral que asinen coas entidades beneficiarias as persoas contratadas ao abeiro desta convocatoria.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG): organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do SUG.

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 4 anos
  • Orzamento total: 11.770.800,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.384.800,00 euros)

Número e importe das axudas

  • Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
  • O importe máximo de cada axuda é de:
    • 24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato
    • 29.000 € durante o cuarto ano
    • 30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

  • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
  • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).
  • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.400,00 euros.

A onde acudir?

  • Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal


Documentación e ligazóns