Doutoramentos industriais 2023

Programa: Doutoramentos industriais 2023
Data de publicación DOG: 17 de agosto de 2023
Código do procedemento: IN606D
Prazo de presentación de solicitudes: un mes dende o día seguinte á data de publicación en DOG
Beneficiarios: empresas e centros de innovación e tecnoloxía con centro de traballo en Galicia en colaboración con universidades do SUG.

Que é o programa Doutoramentos industriais?

O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 3 anos.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Orzamento total: 1.890.000 €
  • Alcance previsto: 15 teses de doutoramento na contorna empresarial, 12 realizadas en empresas e 3 en centros de innovación e tecnoloxía

Documentación e ligazóns

[1] Os anexos “Solicitude (Anexo II)” e “Memoria relativa ó proxecto (Anexo III)” só se poden cubrir na sede electrónica da Xunta de Galicia.
[2] Aviso importante (08/09/2023): debido a un erro no formulario, o anexo “Certificación da persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación (Anexo VII)” foi modificado. Se vostede o cumprimentou con anterioridade á data que figura neste aviso debe de volver descargalo e cumprimentalo de novo.

Documentación para a xustificación das axudas (1ª xustificación – 10 días naturais a partir do día seguinte á sinatura do contrato)

Documentación para a xustificación das axudas (2ª xustificación ata o 31.05.2024)

Máis información

  • No correo electrónico: axudascentros.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos: 981 33 71 33 / 981 33 71 36