Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

Categorías de innovación

Categoría Premio Descrición
Traxectoria Innovadora 15.000€ Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.
Grande empresa Premio honorífico Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, dez anos.
Pequena e mediana empresa 15.000€ Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos.

Categorías de deseño

Categoría Premio Descrición
Profesionais 15.000€ Profesionais (persoas físicas ou estudos de deseño ) cunha traxectoria de alomenos cinco anos de recoñecido prestixio no sector.
Empresas Premio honorífico Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, dez anos.
Talento emerxente 15.000€ Deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Prazo

Ata o 2 de outubro de 2023.

Requisitos

Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.

As candidaturas da categoría de «Talento emerxente» da sección de deseño, deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.

Un mesmo candidato poderá propoñerse para unha ou varias categorías dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.

Proceso de presentación e documentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible a partir do 13 de xullo na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xurado

A avaliación das candidaturas levarase a cabo por dous xurados, un para os galardóns correspondentes á sección de innovación e outro para os da sección de deseño.



Detalle das bases e do procedemento

As bases reguladoras completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse no anuncio publicado no DOG.

Máis información


Gañadores e finalistas Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023

Publicada a resolución de adxudiación dos premios no DOG do 4 de xaneiro de 2024.

  • Premios Galicia de Innovación 2023
Innovación Gañadores/as Finalistas
Traxectoria Innovadora Carme Pampín
Gran Empresa Pasek Minerales S.A.
Pequena e Mediana Empresa Centum Research&Technology S.L. Mecanizados Rodríguez Fernández-MRF S.L.
Texas Controls S.L.U.
  • Premios Galicia de Deseño 2023
Deseño Gañadores/as Finalistas
Profesionais Uqui Permui Álvaro Valiño
Tomás Alonso
Empresas Costa Comunicación Visual S.L. Ascensores Enor
Visual MS
Talento Emerxente Ismael Velo Amalia Puga
Borja Regueiro
  • Vídeos dos gañadores e das gañadoras: preme na imaxe a continuación para acceder aos vídeos