Programa: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 27/06/2023
Código do procedemento: IN606C
Prazo de presentación de solicitudes: do día 28/06/2023 ata o 27/07/2023
Cal é o obxecto destas axudas?
Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.
Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas aquelas persoas investigadoras co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:
- Que estiveran contratadas na modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e que non renunciaran ao contrato.
- Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2022.
Novidades desta convocatoria
Como novidade nesta convocatoria, e de acordo coa modificación da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, inclúese unha axuda que permite cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido do contrato laboral que asinen coas entidades beneficiarias as persoas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria.
Quen pode solicitar estas axudas?
- A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
- A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
- Intensidade da axuda: 100 %
- Duración das axudas: un máximo de 2 anos
- Orzamento total: 2.426.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 316.500,00 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 2.110.000,00 euros)
Número e importe das axudas
Un máximo de 23 axudas das que a previsión inicial de concesión é a seguinte:
- 20 axudas para as universidades do SUG.
- 3 para as demais entidades.
Os importes destas axudas son os seguintes:
- 38.000 € brutos anuais, en concepto de salario e de custos sociais.
- Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 7.000 euros en 2023, 10.000 euros en 2024 e 8.000 euros en 2025.
- Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
- Unha axuda total de 2.500,00 euros para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato.
A onde acudir?
- Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
- Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
Documentación e ligazóns
Documentación para a xustificación da contratación das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral [desde a data de comezo dos contratos ata o mes de setembro de 2023, este incluído]
Documentación para a xustificación da liña de investigación propia [anualidade 2023]