V Edición Business Factory Aero

Programa: V edición de BFAero
Data de publicación: 26/05/2023
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2023

Programa de aceleración promovido pola Xunta de Galicia e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo.

V Edición BFAero

Que é o Programa BFAero?

BFAero é unha das liñas de apoio ao ecosistema da Civil UAVs Initiative indispensable para o impulso do talento e o emprendimiento. BFAero está dirixida ao sector aeronáutico, aeroespacial e dos vehículos non tripulados. A súa misión é incubar,acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional, que contribúan a fortalecer o posicionamento do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concurrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: subvención a fondo perdido e financiamento de capital risco.
  • Mentoring, acceso a infraestruturas de CUI e formación especializada.

Financiamento

Os proxectos terán un apoio económico a fondo perdido durante os programas de incubación aceleración e consolidación, ademáis de acceso a capital risco en aceleración e consolidación.

PROGRAMA Financiamento GAIN Financiamento XESGALICIA (máximo por proxecto)
INCUBACIÓN 40.000€
ACELERACIÓN 60.000€ 50.000€
CONSOLIDACIÓN 30.000€ 250.000€

Complementariamente apoiarase aos proxectos seleccionados nos 3 programas, cunha bolsa de servizos tecnolóxicos de até 10.000€, xestionada pola Fundación CEL, para a contratación das Infraestruturas necesarias do CIAR/ INTA e outros servizos de axentes do ecosistema aeroespacial de Galicia.

As axudas de este programa poderán ser solicitadas por:

  • Emprendedores, microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, (con antigüedade máxima de 5 anos no programa de Incubación e Aceleración e de 7 anos no programa de Consolidación), de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
  • Razón social e fiscal para as empresas de nova creación e razón fiscal e/ou centro de traballo en Galicia para as xa constituídas, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.

Ver condicións específicas da convocatoria e as bases no apartado “Documentación e ligazóns”.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • Teléfono: (+34) 881999471 / 982284150
  • Email: info@bfaero.es