Programa: Recuperación Excelencia Neotec 2022. Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras NEOTEC e NEOTEC Mulleres Emprendedoras do CDTI, en ditas convocatorias do ano 2022.
Data de publicación DOG: 20/06/2023
Código do procedemento: IN870A
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2023
Que é o Programa Recuperación Excelencia Neotec 2022?
As axudas financiasen a posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía, rescatando para iso aqueles proxectos presentados ás convocatorias de referencia (Programa Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras) que superaron os limiares mínimos recolleitos nas devanditas convocatorias do ano 2022 pero que non adquiriron a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito.
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: subvención
- Orzamento mínimo: 175.000€
- Intensidade da axuda:
- 70% do orzamento elixible da actuación, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.
- 85% do orzamento da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario cando as actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor.
- Orzamento total: 3.000.000€.
Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
- Terán a consideración de beneficiarios as pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda ás convocatorias de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria conforme á Resolución definitiva da Presidencia do CDTI da convocatoria dos programas NEOTEC e NEOTEC Mujeres Emprendedoras do ano 2022.
- Empresas innovadoras conforme ao artigo 2 e 3 das convocatorias de referencia.
- Dando cumprimento aos requisitos de elixibilidade e superado os limiares mínimos do artigo 11.4 da convocatoria de referencia, non alcanzaron a puntuación requirida para ser financiables.
- Estar constituídas como máximo no cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, a contar desde a data da escritura de constitución da empresa.
- Contar cun capital social mínimo, o capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.
Localización do centro de traballo:
- Ter sede social e centro de traballo principal en Galicia na data de presentación da solicitude.
- Que podan trasladar a súa sede social, sede fiscal e centro de traballo a Galicia no prazo dun mes desde a data de resolución da presente convocatoria.
Documentación e ligazóns