Plan galego de investigación e innnovación 2022 - 2024

O Plan Galego de Investigación e Innovación é o marco instrumental da Xunta de Galicia para avanzar no período 2022-2024 nos obxectivos estratéxicos e os programas que contempla a RIS3 de Galicia ata o ano 2027.

Ao mesmo tempo, o plan enmárcase no contexto das políticas europeas e nacionais con incidencia no apoio á I+D+i. Ademais, este plan elabórase a partir da experiencia lograda na implantación e desenvolvemento das medidas baixo a anterior RIS3 2014-2020, así como das conclusións sobre o despregamento de instrumentos e actuacións consensuadas cos axentes do ecosistema de innovación na avaliación intermedia da RIS3 2014-2020.

Tanto a RIS3 como o Plan Galego de I+D+i teñen un claro enfoque cara á coordinación coas estratexias e plans nacionais e europeos en materia de I+D+i, de tal forma que se poidan maximizar resultados a partir do estable-cemento de sinerxías e complementariedades no contexto das prioridades de especialización contempladas para Galicia.