Centros de Investigación Empresarial

  • Programa: Centros de Investigación Empresarial
  • Data de publicación no DOG: 05/07/2022
  • Código do procedemento: IN853D
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata o 05/08/2022

Que é o Programa?

Axudas dirixidas a empresas (sociedades mercantís) que teñan por obxecto a creación de novos centros de investigación que complementen a oferta tecnolóxica do ecosistema de I+D+i de Galicia, enmarcados nas prioridades estratéxicas da RIS3.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Orzamento : O orzamento mínimo das propostas será de 3.000.000 € e máximo 20.000.000€.

Intensidade de axuda:

  • 50% de subvención para os investimentos en activos (art 26 Regulamento 651)
  • Para os custos salariais do primeiro ano de contratación de persoal de nova contratación (a partir do 11º investigador que se incorpore ao centro de nova creación) (art 25 Regulamento 651)
Intensidade da axuda Pequenas empresas Medianas empresas Grandes empresas
Gastos de persoal investigador para levar a cabo investigación industrial 70% 60% 50%
Gastos de persoal investigador para levar a cabo investigación industrial, no caso de que a empresa se comprometa a difundir amplamente os resultados da actividade investigadora a través de conferencias, publicacións, bases de libre acceso ou programas informáticos gratuítos ou de fonte aberta 80% 75% 65%

A axuda total non superará os 5.000.000€ por beneficiario.

Posibilidade de anticipar o 50% de cada anualidade sen garantías, até un 80% máximo da axuda total

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarias calquera empresa, constituídas como sociedades mercantís, que desenvolva actividades de investigación no ámbito da Estratexia de Investigación e Innovación para a Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia).

Para levar a cabo as actividades subvencionables, os beneficiarios deberán ter a súa sede social ou un centro de traballo en Galicia.

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas

Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 881999471 , 981957008