Bonos de Innovación

Programa: Bonos de Innovación, para a mellora da capacidade innovadora de micropemes e pemes
Data de publicación DOG: 9/06/2022
Código do procedemento: IN848F
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11/07/2022

¿Qué é o Programa Bonos Innovación?

Axudas ás microempresas e pemes que realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para acadar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 70% dos custes de contratación dos Bonos de Innovación nas seguintes modalidades:
    • Liña 1: Apoio á innovación (Axudas entre 21.000 € e 35.000 €)
    • Liña 2: Xestión financiamento (Axudas máximo 5.000 € para cada unha das tipoloxías de bonos (A e B)
  • Orzamento total: 1.000.000 €

¿Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 957 017 / 981 541 079