ConsolidaBio

Programa: ConsolidaBio. Axudas á consolidación dás PEMEs do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación.
Data de publicación DOG: 19/05/2022
Código do procedemento: IN861A
Prazo de presentación de solicitudes: ata 05/08/2022

Que é o Programa ConsolidaBio?

Axudas para o apoio á consolidación das PEMEs do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación que estean aliñados coa Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía de Galicia 2021-2025, a RIS3 de Galicia e en consonancia coa Estratexia Next Generation Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Orzamento do plan de consolidación: mínimo de 300.000€ e máximo de 1.000.000€.
  • Intensidade de axuda:
Concepto subvencionable Pequena empresa e microempresa Mediana empresa
Innovación en materia de procesos e actividades de innovación 50% 50%
Investimento en activos materiais ou inmateriais e/ou adquisición de activos 20% 10%
  • Orzamento total: 3.000.000€.

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, dacordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.

Documentación e ligazóns

Documentos para a xustificación económica e solicitudes

Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 957 008 / 981 541 076