Premios Galicia de Innovación e Deseño 2022

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

Categorías de innovación

Categoría Premio Descrición
Traxectoria Innovadora 15.000€ Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.
Grande empresa Premio honorífico Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.
Pequena e mediana empresa 15.000€ Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.

Categorías de deseño

Categoría Premio Descrición
Profesionais 15.000€ Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
Empresas Premio honorífico Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década.
Talento emerxente 15.000€ Deseñadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Prazo

Dende o 2 de maio ata o 4 de xullo de 2022.

Requisitos

Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.

As candidaturas da categoría de «Talento emerxente» da sección de deseño, deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deseño.

Un mesmo candidato poderá propoñerse para unha ou varias categorías dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.

Proceso de presentación e documentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xurado

A avaliación das candidaturas levarase a cabo por dous xurados, un para os galardóns correspondentes á sección de innovación e outro para os da sección de deseño.

A resolución co nomeamento do xurado está dispoñible nesta ligazón (pdf).

Detalle das bases e do procedemento

As bases reguladoras completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse no anuncio publicado no DOG do 2 de maio de 2022.

Máis información

  • No correo electrónico programadeseno.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 881 999 120 / 981 957 000


Gañadores e finalistas Premios Galicia de Innovación e Deseño 2022

Resolución do 9 de novembro de 2022 pola que se adxudican os III Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2022.

  • Premios Galicia de Innovación 2022
Innovación Gañadores/as Finalistas
Traxectoria Innovadora Catalina Fernández de Ana Portela
Gran Empresa Compañía Española de Algas Marinas S.A. Puentes y Calzadas Grupo de empresas S.A.
Unvi Carroceros S.L.
Pequena e Mediana Empresa Alen Space S.L. Centum Research&Technology S.L.
Little Electric Car España S.L.
  • Premios Galicia de Deseño 2022
Deseño Gañadores/as Finalistas
Profesionais Isaac Piñeiro Meira Costa Comunicación Visual S.L.
Estudio MMASA
Empresas Unvi Carroceros S.L. Vertifil Industrial S.L.
Hifas da Terra S.L.
Talento Emerxente Sara Regal Alonso Raquel Fernández Caamaño
Roberto Costas Fernández


Gañadores e finalistas das edicións anteriores

  • Premios Galicia de Innovación 2021
Innovación Gañadores Finalistas
Traxectoria Innovadora Fernando Pérez González Senén Paz Abuin
Daniel Prieto Renda
Gran Empresa Congalsa, S.L. CZ Veterinaria S.A.U.
Pequena e Mediana Empresa Galchimia, S.A. Gairesa Ecoplas Barbanza, S.L.
  • Premios Galicia de Deseño 2021
Deseño Gañadores Finalistas
Profesionais Jesús Vázquez Gómez Costa Comunicación Visual, S,L.
Soluciones Conceptuales de Innovación, S.L. (FRUTO DS)
Empresas Maquinaria Agrícola Cancela, S.L. Carrocería Castrosúa
Mozos/as deseñadores/as Damián Calvo Tomé Borja Regueiro Estevez
Jose Alen Costa
  • Vídeos dos gañadores e das gañadoras: preme na imaxe a continuación para acceder aos vídeos

  • Vídeo do acto de entrega dos premios




  • Premios Galicia de Innovación 2020
Innovación Gañadores Finalistas
Traxectoria Innovadora Francisco Guitián Rivera -
Gran Empresa Cupa Innovación, S.L.U. Televés S.A.U
Egatel, S.L.
Pequena e Mediana Empresa Marine Instruments, S.A. Situm Technologies. S.L.
Magallanes Renovables, S.L.
  • Premios Galicia de Deseño 2020
Deseño Gañadores Finalistas
Profesionais Cenlitrosmetrocadrado
Sociedade Cooperativa Galega
Costa Comunicación Visual, S,L.
Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. (FRUTO DS)
Empresas Televés S.A.U. Confecciones MRF, S.A. (D-Due)
Cooperativa Agraria Provincial de A CORUÑA SCG (Bico de Xeado)
Mozos/as deseñadores/as Eva Yarza Hilario Beatriz Lema Rivera
Sofía Blanco Santos


Gañadores Innovación

  • Traxectoria innnovadora:

  • Pequena e mediana empresa:

  • Grande empresa:


Gañadores deseño

  • Profesionais:

  • Deseñadores/as mozos/as:

  • Empresas:


Acto de entrega dos premios