Talento Sénior

Programa: Talento Sénior 2022. Axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i
Data previsión publicación DOG: 8 de abril de 2022
Código do procedemento: IN858A
Prazo de presentación de solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Eido estratéxico: RIS3 – Programa Emprendemento Innovador
Beneficiarios: empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia

Que é o Programa Talento Sénior?

Son axudas para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Incentivo: entre o 40% ata o 60% á contratación en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos
  • Orzamento total: 960.000 €
  • Alcance previsto: 14 contratos

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas, ata un máximo de 2 contratos por entidade, por:

  • Empresas
  • Organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia

Documentación

Documentación xustificativa para o pagamento das axudas

Documentación para a xustificación da anualidade 2022

Documentación para a xustificación da anualidade 2023

Documentación para a xustificación da anualidade 2024

Máis información

  • No correo electrónico centros.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 95 7000 / 981 95 7012