InnovaPeme 2022

Programa: InnovaPeme 2022. Plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes
Data de publicación DOG: 18 de abril de 2022
Prazo de presentación de solicitudes: ata 19/05/2022
Código do procedemento: IN848D

Que é o Programa InnovaPeme?

Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (axudas entre 40.000€ e 100.000€)
  • Orzamento total: 2.800.000 €

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, dacordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda

Documentación e ligazóns

Documentos para a xustificación económica e solicitudes

Documentos para a xustificación técnica