XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. , xestiona fondos de capital risco orientados a apoiar o crecemento do tecido empresarial galego. As prioridades de inversión céntranse en impulsar o desenvolvemento e a consolidación económica e industrial de Galicia, para o que conta cunha serie de instrumentos financeiros orientados a cada tipoloxía de empresa.
O fomento do investimento en innovación no tecido empresarial de Galicia e o emprendemento innovador, é unha das finalidades que Xesgalicia desenvolve conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación, mediante a súa participación nos seguinte fondos tecnolóxicos de capital risco:
O Fondo Galicia Innova Tech, FICC diríxese a proxectos empresariais con marcado carácter innovador, con especial atención aos que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.
Unha característica deste fondo tecnolóxico é que o equipo de xestión das compañías nas que o Fondo Galicia Innova Tech FICC invista, deberá ter unha probada capacidade de xestión.
Ligazóns:
O Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC, persegue os seguintes obxectivos:
Ligazóns: