Programa: RE-ACCIONA. Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020)
Data de publicación DOG: 21/12/21
Código do procedemento: IG401A
Prazo de presentación de solicitudes: 08/04/22
O programa Re-acciona é un programa de servizos a pemes que, a través de empresas prestadoras de servizos especializadas, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos (Maís información: http://reacciona.igape.es/ ).
Nesta convocatoria do programa Re-acciona, GAIN colabora co IGAPE en por a disposición das empresas galegas tres novos servizos de apoio englobados no Programa Re-acciona Innovación
Pequenas e medianas empresas (pemes), con centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
En qué consiste? Promover a implantación de metodoloxías de deseño para a xestión estratéxica do mesmo, deseño para a innovación, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
Ver máis información (pdf)
En qué consiste? O obxectivo deste servizo é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais).
Ver máis información (pdf)
En qué consiste? Con este servizo se quere establecer unha estratexia dirixida á obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.
A dita estratexia formalizarase nun Plan de financiamento da I+d+i, cun foco amplo que abranxa os diferentes mecanismos de incentivos á innovación
Ver máis información (pdf)
SE QUERES CONSULTAR O RESTO DE SERVIZOS DO PROGRAMA REACCIONA ESTÁN DISPOÑIBLES NA SEGUINTE LIGAZÓN: http://reacciona.igape.es/