IV edición de BFFood (Business Factory Food)

Programa: IV edición de BFFood (Business Factory Food)
Data de publicación: 02/02/2022
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de maio ás 14h

Que é o Programa BFFOOD?

Programa de Aceleración do Emprendemento no Sector Alimentario de Galicia (Business Factory Food) que implementa programas de apoio a iniciativas de emprendemento e consolidación de proxectos especializados no sector alimentario e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, que capten e reteñan talento, e que contribúan a fortalecer o posicionamento do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva .
  • Tipo de axuda: subvención a fondo perdido e acceso a financiamento capital risco. Mentoring e formación especializada.
  • Incentivo: 25.000€ a fondo perdido e ata 250.000€ en financiamento de capital risco.
  • Orzamento total: de entre as candidaturas presentadas serán seleccionadas até seis iniciativas para o programa de aceleración e até seis para o de consolidación, co obxectivo de ofrecer solucións disruptivas para facer fronte aos novos desafíos do sector dos alimentos e as bebidas.

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Emprendedores, microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, (con antigüedade inferior a 42 meses no programa de Aceleración e de 6 anos no programa de Consolidación), de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda

Ver condicións específicas da convocatoria e as bases no apartado “Documentación”.

Documentación e ligazóns

Máis información

  • Tlf: (+34) 981 556 062
  • Email: bff@clusaga.org