Festivais de Innovación Social

Festival Ares Innova 2021

A Axencia Galega de Innovación organizou a principios de outubro de 2021 o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021. Este evento aberto á cidadanía tivo lugar no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

As localidades de Montefaro, Redes e Ares foron o escenario deste gran festival, deseñado para achegar a cultura da innovación social a públicos de todas as idades.

As actividades do evento combinaron deseño, arte, cultura e innovación nun ambiente distendido. Nel priorizouse a reflexión compartida para avanzar, mediante novos enfoques, no desenvolvemento sostible baseado na especialización intelixente:

  • Presentación da RIS3 galega e exposición de proxectos galegos relacionados cos seus retos.
  • Presentación e desenvolvemento do proxecto RuralLab e das súas residencias creativas.
  • Talleres de design thinking e cocreación relacionados con desafíos económicos, sociais e medioambientais.
  • Talleres para familias, rapaces e rapazas relacionados coa cultura maker e a sustentabilidade.
  • Charlas e faladoiros sobre a importancia de innovar.
  • Espazos de participación cidadá para definir retos compartidos.
  • Accións creativas, mostras artísticas e espectáculos nos que se mesturaron a música, a danza e a artesanía.