Programa Investigo

Desde a Axencia Galega de Innovación, debido ao novo marco do Mecanismo para a recuperación e a resiliencia, ocasionado pola pandemia, este ano non se publicará o Programa Principia de axudas a contratación, por isto anunciamos un programa coa misma finalidade xestionado pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, dependente da Consellería de Emprego e Igualdade: “Programa Investigo“.

Programa: Programa Investigo
Data de publicación DOG: 30/12/2021
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 3 de xaneiro de 2022 ata o 3 de febreiro de 2022
Código do procedemento: TR349V

Obxecto

Será obxecto das axudas a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, polos organismos de investigación e difusión de coñecementos, universidades públicas, centros tecnolóxicos, parques científicos e tecnolóxicos, entidades públicas suxeitas a dereito privado, e entidades privadas sen ánimo de lucro, xunto con empresas que estean a investir en investigación e innovación pertencentes ao sector público ou privado, na realización de iniciativas de investigación e innovación recollidas nesta convocatoria.

Quen pode ser beneficiario destas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Empresas galegas e/ou con centro de traballo en Galicia.
  • Organismos de investigación (Universidades, fundacións, centros tecnolóxicos públicos ou privados…)

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Orzamento total: 12.827.823€

A concesión das subvencións, así como a súa xustificación, realizarase a través do réxime de módulos. Para implementar o devandito réxime de módulos establécense os seguintes módulos, configurados considerando o custo unitario validado pola Intervención Xeral do Estado para este programa por persoa contratada participante no Programa Investigo:

  • Duración dos contratos: mínima de 12 meses.
  • Modulo A: contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 9 a 5, ambos incluídos, o módulo ascenderá a 22.405,94 euros por persoa contratada e ano de contratación (1.867,16 euros por mes).
  • Módulo B: no caso de contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 4 a 1, ambos incluídos, ascenderá a 33.108,92 euros por persoa contratada e ano de contratación (2.759,07 euros por mes).

De acordo con isto, o importe desta subvención calcularase en función das previsións recollidas no proxecto: número de persoas que se van contratar, o ano (ou meses, de ser o caso) de contratación de cada unha delas e o módulo segundo o grupo de cotización da Seguridade Social que corresponda, de acordo co sinalado anteriormente.

Documentación e ligazóns

Máis información

Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Por Conta Allea

San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957726 / 981957731
Email: contaallea.emprego@xunta.gal

Contacto Gain:

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos: 981 957 008 / 881 999 121