Camiño da Innovación

“Camiño da Innovación” é unha actuación da Xunta de Galicia que poñerá en marcha un servizo de atención ás pemes e unha exposición itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

A actuación contará con 18 etapas a desenvolverse en concellos das catro provincias galegas e estarán abertas en horario de 9 a 18 horas. En cada unha delas poderase solicitar, previa inscrición, asesoramentos con técnicos da Axencia Galega de Innovación para analizar as oportunidades de innovación e como desenvolvela a través de ferramentas que funcionan noutras empresas similares.

Para solicitar un asesoramento en calquera dos concellos previstos, accede aquí ao formulario de solicitude.

Día Data Concello Ubicación do tráiler Emprazamento do encontro Hora do encontro con pemes
Vi 05/11/2021 Vilalba Praza da Constitución Sala na Casa da Cultura 9:30-11:00
Lu 08/11/2021 Cervo Praza do Concello Salón de actos do Concello 12:30-14:00
Ma 09/11/2021 As Pontes de García Rodríguez Praza da Igrexa Salón no Concello 13:00-14:00
Mi 10/11/2021 Bergondo Polígono Industrial Sala recinto xerencia do polígono 16:00-17:30
Ju 11/11/2021 Ordes Alameda (fronte Concello) Sala no Concello 17:00-18:30
Lu 15/11/2021 Caldas de Reis Praza Camiño Portugués Sala na oficina de turismo 16:00-17:30
Ma 16/11/2021 Santa Comba Campo da feira – Fronte Casa da Cultura Sala na Casa da Cultura 12:00-14:00
Mi 17/11/2021 A Estrada Praza do Concello Biblioteca Municipal 12:00-13:30
Ju 18/11/2021 Ponte Caldelas Chan da Barcia xunto a ponte Sala Centro cultura (Biblioteca) 12:00-14:00
Lu 22/11/2021 Salvaterra de Miño Rúa de Galicia fronte ao Concello Sala no Concello 12:00-13:30
Ma 23/11/2021 Ribadavia Rúa San Lázaro frente ao Monumento á Constitución Casa da Cultura 9:30-11:00
Mi 24/11/2021 San Cibrao das Viñas Tecnópole Salón de actos Tecnópole 12:00-13:30
Ju 25/11/2021 Xinzo da Limia Praza Carlos Casares Sala en Casa da Cultura 11:00-13:00
Lu 29/11/2021 A Veiga Campo da Feira Centro de desenvolvemento agroforestal (xunto ao Concello) 12:00-13:30
Ma 30/11/2021 Monforte Praza da Compañía Colexio Escolapios 9:30-11:00
Mi 01/12/2021 Chantada Praza de Galicia Auditorio municipal 13:00-14:00
Ju 02/12/2021 Melide Cantón de San Roque Sala Casa da Cultura 12:00-13:30
Ju 09/12/2021 Meira Praza Maior Sala no Concello 10:00-11:30

Ademais, en cada concello terá lugar un encontro no que se darán a coñecer casos de éxito de empresas que están a competir en mercados internacionais e que son exemplos de que a innovación se pode aplicar en calquera sector e tipoloxía de empresa ( microempresa, pequena e mediana).