DeseñaPeme

Programa: DeseñaPeme 2021. Axudas á incorporación do deseño en pemes e microempresas galegas como ferramenta de innovación e sustentabilidade
Data de publicación DOG: 02/07/2021
Código del procedemento: IN848E
Prazo de presentación de solicitudes: ata 02/08/2021
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA. Apoio a pemes innovadoras



Que son as axudas DeseñaPeme?

Son axudas para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.

Modalidades
Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias:

  • Deseño de produto: concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.
    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Deseño circular para conseguir novos produtos sustentables.
      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao produto.
      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto.
  • Deseño de servizos e experiencias: concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia.
      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia.
  • Deseño de marca e identidade corporativa: formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.
    • Duración mínima do proxecto: 6 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Traballos de deseño gráfico, identidade visual, packaging, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de branding coa que a empresa proxecta a súa estratexia cara ás persoas e o mercado.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade” que introducirá unha serie de actividades pensadas para constituír un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante. (Axudas entre 5.000€ e 100.000€).
  • Orzamento total: 1.500.000 €.

Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
  • Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación”.

Documentación e ligazóns

Webinario Axudas DeseñaPeme (xullo 2021)

Contacto

  • Área de Centros da Axencia Galega de Innovación
  • programadeseno.gain@xunta.gal
  • +34 881 999 120