Programa de Impulso á Innovación nas Pemes

Este programa ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuir a superar os obstáculos para innovar das pemes. O programa consta de 5 eixos de actuación a desenvolver entre 2021-2022:

  • Eixo 4. Reforzo dos instrumentos de apoio a actividade innovadora. Con novos programas a partir de 2022 por valor de 3 millóns de euros focalizados na innovación como ferramenta de innovación e unha aceleradora de comercialización e internacionalización da innovación.
  • Eixo 5. Creación do observatorio de innovación. Analizaranse indicadores e tendencias para coñecer as necesidades das pemes, adiantarnos e adaptar os instrumentos de apoio e programas. Ademáis, crearemos un mapa de axentes para apoiar a colaboración na innovación.
    • Innovarede: Rede do Ecosistema Galego de Innovación. Plataforma de encontro e interacción virtual para fomentar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta. Atopa o teu socio entre tódalas capacidades dos centros tecnolóxicos, centros de investigación ou innovación, universidades e outros axentes de coñecemento e impulsa a túa innovación. Máis información en https://innovarede.xunta.gal

Documentación