Axudas de apoio á etapa predoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 27/01/2021
Código do procedemento: IN606A
Prazo de presentación de solicitudes: 28/01/2021 a 01/03/2021

Cal é o obxecto destas axudas?

A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Novidades desta convocatoria:

  • Establécese unha única modalidade de axudas na que, por unha banda, se garante un mínimo de axudas por rama de coñecemento nas universidades do SUG e, por outra, continuarase coa potenciación das traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3).
  • Os proxectos de investigación serán avaliados ao formar parte dos criterios de valoración enunciados no artigo 10 das bases da convocatoria.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Gain financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.
  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema universitario de Galicia (en adiante, SUG).

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 8.262.000,00 euros (a achega por parte da Gain será de 972.000,00 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 7.290.000,00)

Número e importe das axudas

  • Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
  • O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais. Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
  • As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:
    • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
    • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.
    • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

A onde acudir?

Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal



Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas [meses de novembro de 2023 a abril de 2024, ambos incluídos]