Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

Estes premios convócanse no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA).

Categorías

Sección innovación

A sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas coas traxectorias e prácticas de innovación máis destacadas conta con tres categorías:

  • Traxectoria innnovadora: 15.000 € Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.
  • Pequena e mediana empresa: 15.000 € Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.
  • Gran empresa: premio honorífico. Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.

Sección deseño

A sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas que mellor representen a contribución do deseño galego á innovación conta con tres categorías:

  • Profesionais: 15.000 € Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
  • Deseñadores/as mozos/as: 15.000 € Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
  • Empresas: premio honorífico. Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década.

Prazo

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13 de outubro de 2021.

Requisitos

Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.

As candidaturas da categoría «Traxectoria innovadora» da sección de innovación do certame, así como as das categorías «Profesionais» e «Deseñadores/as mozos/as» da sección de deseño, deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos da innovación e do deseño, respectivamente.

Un mesmo candidato poderá propoñerse para unha ou varias categorías dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.

Proceso de presentación e documentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xurado

A avaliación das candidaturas levarase a cabo por dous xurados, un para os galardóns correspondentes á sección de innovación e outro para os da sección de deseño.

A resolución co nomeamento do xurado está dispoñible nesta ligazón (pdf).

Detalle das bases e do procedemento

As bases reguladoras completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse no anuncio publicado no DOG do 13 de xullo de 2021.

Contacto

  • Área de Centros da Axencia Galega de Innovación
  • programadeseno.gain@xunta.gal
  • +34 881 999 120


Gañadores e finalistas Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021

Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se adxudican os II Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2021.

  • Premios Galicia de Innovación 2021
Innovación Gañadores Finalistas
Traxectoria Innovadora Fernando Pérez González Senén Paz Abuin
Daniel Prieto Renda
Gran Empresa Congalsa, S.L. CZ Veterinaria S.A.U.
Pequena e Mediana Empresa Galchimia, S.A. Gairesa Ecoplas Barbanza, S.L.
  • Premios Galicia de Deseño 2021
Deseño Gañadores Finalistas
Profesionais Jesús Vázquez Gómez Costa Comunicación Visual, S,L.
Soluciones Conceptuales de Innovación, S.L. (FRUTO DS)
Empresas Maquinaria Agrícola Cancela, S.L. Carrocería Castrosúa
Mozos/as deseñadores/as Damián Calvo Tomé Borja Regueiro Estevez
Jose Alen Costa
  • Vídeos dos gañadores e das gañadoras: preme na imaxe a continuación para acceder aos vídeos

  • Vídeo do acto de entrega dos premios




Gañadores e finalistas Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020

Resolución do 26 de febreiro de 2021 pola que se adxudican os I Premios Galegos de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2020.

  • Premios Galicia de Innovación 2020
Innovación Gañadores Finalistas
Traxectoria Innovadora Francisco Guitián Rivera -
Gran Empresa Cupa Innovación, S.L.U. Televés S.A.U
Egatel, S.L.
Pequena e Mediana Empresa Marine Instruments, S.A. Situm Technologies. S.L.
Magallanes Renovables, S.L.
  • Premios Galicia de Deseño 2020
Deseño Gañadores Finalistas
Profesionais Cenlitrosmetrocadrado
Sociedade Cooperativa Galega
Costa Comunicación Visual, S,L.
Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. (FRUTO DS)
Empresas Televés S.A.U. Confecciones MRF, S.A. (D-Due)
Cooperativa Agraria Provincial de A CORUÑA SCG (Bico de Xeado)
Mozos/as deseñadores/as Eva Yarza Hilario Beatriz Lema Rivera
Sofía Blanco Santos


Gañadores Innovación

  • Traxectoria innnovadora:

  • Pequena e mediana empresa:

  • Grande empresa:


Gañadores deseño

  • Profesionais:

  • Deseñadores/as mozos/as:

  • Empresas:


Acto de entrega dos premios