A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.
Estes premios convócanse no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA).
Sección innovación
A sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas coas traxectorias e prácticas de innovación máis destacadas conta con tres categorías:
Sección deseño
A sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas que mellor representen a contribución do deseño galego á innovación conta con tres categorías:
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13 de outubro de 2021.
Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.
As candidaturas da categoría «Traxectoria innovadora» da sección de innovación do certame, así como as das categorías «Profesionais» e «Deseñadores/as mozos/as» da sección de deseño, deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos da innovación e do deseño, respectivamente.
Un mesmo candidato poderá propoñerse para unha ou varias categorías dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A avaliación das candidaturas levarase a cabo por dous xurados, un para os galardóns correspondentes á sección de innovación e outro para os da sección de deseño.
A resolución co nomeamento do xurado está dispoñible nesta ligazón (pdf).
As bases reguladoras completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse no anuncio publicado no DOG do 13 de xullo de 2021.
Innovación | Gañadores | Finalistas |
---|---|---|
Traxectoria Innovadora | Fernando Pérez González | Senén Paz AbuinDaniel Prieto Renda |
Gran Empresa | Congalsa, S.L. | CZ Veterinaria S.A.U. |
Pequena e Mediana Empresa | Galchimia, S.A. | Gairesa Ecoplas Barbanza, S.L. |
Deseño | Gañadores | Finalistas |
---|---|---|
Profesionais | Jesús Vázquez Gómez | Costa Comunicación Visual, S,L.Soluciones Conceptuales de Innovación, S.L. (FRUTO DS) |
Empresas | Maquinaria Agrícola Cancela, S.L. | Carrocería Castrosúa |
Mozos/as deseñadores/as | Damián Calvo Tomé | Borja Regueiro EstevezJose Alen Costa |
Innovación | Gañadores | Finalistas |
---|---|---|
Traxectoria Innovadora | Francisco Guitián Rivera | - |
Gran Empresa | Cupa Innovación, S.L.U. | Televés S.A.U Egatel, S.L. |
Pequena e Mediana Empresa | Marine Instruments, S.A. | Situm Technologies. S.L.Magallanes Renovables, S.L. |
Deseño | Gañadores | Finalistas |
---|---|---|
Profesionais | Cenlitrosmetrocadrado Sociedade Cooperativa Galega | Costa Comunicación Visual, S,L.Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. (FRUTO DS) |
Empresas | Televés S.A.U. | Confecciones MRF, S.A. (D-Due)Cooperativa Agraria Provincial de A CORUÑA SCG (Bico de Xeado) |
Mozos/as deseñadores/as | Eva Yarza Hilario | Beatriz Lema RiveraSofía Blanco Santos |
Gañadores Innovación
Gañadores deseño
Acto de entrega dos premios