Fábrica Intelixente e Sostible

Axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sostible da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos.

Descrición e obxectivos

Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.

  • Intensidade da Axuda: dependendo do tipo de empresa e tipo de proxecto a intensidade vai dende un 15% a un 80%.
  • Beneficiarios:
    • Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como “nova industria” na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da resolución. As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2 da convocatoria.
    • Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como “nova industria” na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia que realicen proxectos en cooperación.
    • Agrupacións entre unha gran empresa e unha ou varias pemes que, en ambos casos, deberán pertencer ao sector industrial, ou a daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como “nova industria” na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0.
  • Organismo xestor: Axencia Galega de Innovación
  • Tipo de apoio: subvencións a fondo perdido
  • Código do procedemento: IN854A
  • Data de publicación no DOG: 27/08/2020 e 30/11/2020
  • Prazo de presentación de solicitudes: novo prazo ata o 30/12/2020
  • Presentación de solicitudes: https://sede.xunta.gal
  • Guía Comisión Europea definición Peme (pdf)

Máis información

axudas.gain@xunta.gal
981 95 73 03
981 95 78 72
881 99 93 55

Condicións dos beneficiarios

  • Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
  • Agrupacións dunha empresa ou empresas e un ou varios organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.

Condicións específicas dos proxecto

Os proxectos deberán:

a) ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo actuando como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia, cun efecto de arrastre ou cascada de transformación do tecido industrial galego cara unha competitividade baseada na innovación, contribuíndo a conseguir unha «Industria intelixente».

b) caracterizarse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, sempre aliñados co reto 2 da RIS3 Galega, con un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e un máximo de 30.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.

Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.

A duración mínima dos proxectos será de catro anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de abril de 2023 .

Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.

Gastos subvencionables

  • Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade poida demostrarse. Considéranse custes directos:
    • Custo de persoal
    • Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
    • Materiais, subministracións e produtos similares
    • Adquisición de patentes
    • Servizos tecnolóxicos externos
    • Subcontratacións
    • Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
  • Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza. Os custos indirectos corresponderanse co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10% aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.

Contía da axuda

A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación Pequena empresa Mediana empresa Grande empresa
Investigación industrial 70% 60% 50%
Desenvolvemento experimental 45% 35% 25%
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecementos, asumindo estes como mínimo o 10% dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación 80% 75% 65%
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecementos, asumindo estes como mínimo o 10% dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación 60% 50% 40%
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, alomenos unha das cales debe ser peme e que ningunha empresa corra por si soa con máis do 70% dos costes subvencionables 80% 75% 65%
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, alomenos unha das cales debe ser peme e que ningunha empresa corra por sí soa con mais do 70% dos costes subvencionables 60% 50% 40%
Innovación en materia de procesos e organización 50% 50% 15%

Documentación e ligazóns

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

PORCENTAXENIMA DE PARTICIPACIÓN DOS ORGANISMOS DE INVESTIGACIÓN

O artigo 6.4 da convocatoria establece que “No caso de proxectos en cooperación: a) O orzamento do organismo de investigación e de difusión de coñecementos non poderá ser inferior ao 15% do custo total subvencionable do proxecto.”

Unha das novidades da cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 é a de permitir que se presenten, en agrupación con empresas do sector industrial, un ou varios organismos de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación. De acordo co anterior, no caso de que participe unha pluralidade de organismos de investigación e difusión, o orzamento destes non poderá ser inferior ao 15% do custo total subvencionable do proxecto. Este 15% constitúe a suma das porcentaxes asumidas por cada un dos organismos de investigación.

Documentación para a solicitude de redistribución de anualidades e para a solicitude de anticipos

Poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir de 2021, cun limite do vinte por cento do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. Esta redistribución deberá se solicitada antes do 30 de xuño da anualidade afectada. (art. 38.4.)

Poderanse tramitar pagamentos anticipados das anualidades 2021 e 2022 sen superar o 65% da subvención total concedida (art. 44.2.)

No caso de solicitaren ambos, redistribución de anualidades e pagamento anticipado, a solicitude de redistribución de anualidades DEBERÁ SER ANTERIOR á solicitude do anticipo, a efectos de establecer o importe a anticipar. En caso contrario, unha vez efectuado o pagamento anticipado da anualidade correspondente, non caberá a redistribución.

Documentación para a xustificación da anualidade 2023

Documentación para a xustificación da anualidade 2022

Documentación para a xustificación da anualidade 2021


Outras especificacións da convocatoria

Axudas cofinanciadas no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 en réxime de concorrencia competitiva.


Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional