Programa: Axudas proxectos de investigación Covid-19 presentados á convocatoria do ISCIII
Data de publicación DOG: 24/08/2020
Prazo de presentación de solicitudes: 24/09/2020
Código do procedemento: IN845D
Cal é o obxecto destas axudas?
Apoio a proxectos sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada polo Instituto de Salud Carlos III pero que non acadaron financiamento.
Quen pode solicitar estas axudas?
Organismos de investigación e difusión do Sistema Galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á dita convocatoria do ISCIII.
Gastos subvencionables
- Persoal
- Material inventariable e equipamento científico
- Material Funxible
- Outros gastos complementarios directamente relacionados coa execución do proxecto
- Actuacións de publicación e difusión dos resultados
- Custos de viaxe e aloxamento
- Gastos de coordinación e gastos relacionados con estancias invitadas de investigadores e expertos internacionais
- Subcontratacións
- Informe do auditor
Os custes solicitados deberán estar incluídos na manifestación de interese presentada ao ISCIII, non admitíndose novos custos a excepción dos relacionados co informe do auditor.
Tipo e intensidade das axudas
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
- Orzamento total convocatoria: 3.000.000,00 €
- Intensidade da axuda: 100% do orzamento subvencionable
Documentación e ligazóns
Documentación para a xustificación
Máis información
- programas.gain@xunta.gal
- 981541071
Axudas que poderán ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
