Proxectos de investigación Covid-19 presentados á convocatoria do ISCIII

Programa: Axudas proxectos de investigación Covid-19 presentados á convocatoria do ISCIII
Data de publicación DOG: 24/08/2020
Prazo de presentación de solicitudes: 24/09/2020
Código do procedemento: IN845D

Cal é o obxecto destas axudas?

Apoio a proxectos sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada polo Instituto de Salud Carlos III pero que non acadaron financiamento.

Quen pode solicitar estas axudas?

Organismos de investigación e difusión do Sistema Galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á dita convocatoria do ISCIII.

Gastos subvencionables

  • Persoal
  • Material inventariable e equipamento científico
  • Material Funxible
  • Outros gastos complementarios directamente relacionados coa execución do proxecto
  • Actuacións de publicación e difusión dos resultados
  • Custos de viaxe e aloxamento
  • Gastos de coordinación e gastos relacionados con estancias invitadas de investigadores e expertos internacionais
  • Subcontratacións
  • Informe do auditor

Os custes solicitados deberán estar incluídos na manifestación de interese presentada ao ISCIII, non admitíndose novos custos a excepción dos relacionados co informe do auditor.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Orzamento total convocatoria: 3.000.000,00 €
  • Intensidade da axuda: 100% do orzamento subvencionable

Documentación e ligazóns

Máis información

  • programas.gain@xunta.gal
  • 981541071


Axudas que poderán ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional